VARIANTE DE NOIA: "A PONTE", solución a unha necesidade histórica.

A Variante de Noia sometida a información pública en decembro de 2006 é un intento máis que a Administración realiza para acometer esta infraestructura.

MEMORIA

1979-1987 PSOE

Debido ó incremento do parque automobilístico a finais dos anos 70, xorde a necesidade de incrementar a capacidade das vías de circulación.
Fálase da construcción dunha nova ponte ou o acondicionamento da actual. É a principios dos anos 80 cando toman a opción de parchear a xa existente, sendo o Alcalde D. Jesús Díaz Fornas (PSOE).

1987-1995 BNG

A finais dos anos oitenta, sendo o Alcalde de Noia D. Pastor Alonso e Tenente Alcalde D. Bieito González (BNG), vólvese insistir na opción da nova ponte, pero non deu os seus froitos.
No ano 1992, neste caso como Alcalde da Vila D. Bieito González, volve intentalo de novo, coincidindo na necesidade e viabilidade co entón responsable de Política Territorial D. José Cuíña.

• Hemeroteca 13-X-92 Ver

1995-1999 PARTIDO POPULAR

Paradóxicamente é D. Bieito González o que inicia unha política de desgaste na seguinte lexislatura de Dna. Mª Carmen Abeijón (PP) cando trata de buscar unha solución ó tráfico, Bieito di que esta debería ser polo interior, postura na que se mantén ata a data, sendo actualmente de novo o Tenente Alcalde.

• Hemeroteca 05-III-98 Ver

1999-2003 PSOE-BNG

Sendo o Alcalde D. Rafael García Guerrero trata, sen éxito, de construír un contradique de dobre función, retención de augas e circunvalación.
Na seguinte lexislatura, converte esta necesidade nunha loita de crispación, división e desgaste político, aproveitándose do intento da construcción da ponte.

• Hemeroteca 18-VI-2000 Ver

2003-2007 PARTIDO POPULAR

Acuciado polo incremento do tráfico e como promesa electoral, D. Antonio Pérez Insua como Alcalde do concello, dá un forte impulso ó proxecto da construcción da ponte.
No ano 2003 retomouse a busca dunha solución para o tráfico. Despois de analizar o estudio comparativo do Norte do Concello (Ponte) ou o do Sur (Interior), apróbase un trazado que contaba coa correspondente declaración de Impacto Ambiental favorable.
Corríxese o Proxecto para minimizar a afección social, sendo aprobado no 2005, iníciase o proceso de expropiación mediante o Decreto 175/2005.
É co cambio de goberno na Xunta de Galicia, argumentando que a solución que estaba elixida non articulaba o territorio, así como considerando que o Impacto Ambiental non era admisible, acorda deixar sen efecto a Declaración de Utilidade Pública, paralizando o proceso e levándoo ó punto inicial cunha resolución emitida o 02 de Febreiro de 2006, deixando sen efecto a anterior do 30 de Marzo de 2005 (DOG do 12 de Abril de 2005) na que se aproba definitivamente o Estudio Informativo e o Impacto Ambiental, incluído no Plan Galicia, Variante de Noia A.C./03/008002.

• Hemeroteca 09-III-04 05-V-05  
26-VI-04 22-V-05
 

12-IV-05

14-VI-05
 

2007 PSOE-BNG

D. Rafael García Guerrero (PSOE) Alcalde e D. Bieito González (BNG) Tenente Alcalde, acceden á alcaldía en maio deste mesmo ano pactando para formar un goberno bipartito, recollendo así os seus froitos nesta lexislatura de desgaste político, o cal crearon eles mesmos (Bieito no ano 1998 e Rafael no 2004).

Vimos como nos venderon fume ós veciños/as nas súas promesas electorais, tratando de arrancar votos e dividir ós cidadáns con novos posibles trazados.

Xa no sillón da alcaldía, segue coa crispación para así producir un desgaste psicolóxico ós afectados pola variante interior.
Entre outras, riscáronnos de "exaltados", "energúmenos a fins do P.P.", "pelagatos", etc., e en calquera caso nunca como afectados, eludindo sempre o termo "AFECTADOS".

Ignorando que cada cal, por dereito constitucional, é libre de votar e pertencer ó partido político que prefira.
O seu silencio indiferente, as súas coaccións ou as súas trabas ós dereitos democráticos xeran un clima de crispación no cal se ven enfrontados veciños, dividindo familias e sementando o odio entre irmáns.
"O Alcalde de todos/as" non nos axuda, e nin moito menos nos defende, xa que o que desexa é ir: "A POR ELES", solo para satisfacer os seus caprichos políticos, pasando así por enriba dos dereitos das persoas que conforman as 22 aldeas por onde transcorre a variante interiror, xeograficamente a metade do municipio.

En conclusión, cando o Sr. García Guerrero formaba parte da oposición, en abril do 2004, as súas palabras exactas eran: "A democracia baséase en razoar, dialogar e consensuar". Pero polo visto agora como o "Alcalde de todos/as" parece esquecer as súas propias palabras facendo todo o contrario con tódolos afectados do trazado interior.


• Hemeroteca: 20-IV-2007; 18-V-2007; 31-VII-2007 Ver