•
COMUNCOMUNICADO OFICIAL DE PRENSA. DOMINGO 13 DE ABRIL DE 2008
a) ANTECEDENTES Á REUNIÓN COA CONSELLERÍA:
A reunión mantida o xoves coa chamada comisión de seguimento
constitúe un desprecio á dignidade humana e un insulto
ós representantes e ós propios afectados. Por un lado
déixase fóra os sectores do transporte, ás comunidades
de montes afectadas polo trazado, ó colectivo de máis
amplia representación en Noia con case 500 socios (Amas de Casa)
e á parte principal: a parte afectada. En cambio si se citou
a unha plataforma unifamiliar que nin sequera responde á definición
de plataforma (segundo a lei de asociacións unha plataforma ou
federación é unha asociación de asociacións)
nin representa a nadie. Ademais esa chamada plataforma pola defensa
da ría non moveu un só pelo contra a variante de Outes
cun viaduto na mesma ría nin contra os plas acuícolas
das piscifactorías polo que sí se movilizaron outros colectivos.
Por si fose pouco, tamén se citou a un colectivo (Punto Comercial
San Lázaro) fundado fai tres meses. Nós non criticamos
que este colectivo acudira senón a doble moral da consellería
ó citar a uns e outros non.
Aínda así, a pesar de non ser convidados, na mesma mañá
do xoves puxémonos en contacto telefónico cunha das secretarias
da sra. Caride. Nieves afirmou que a convocatoria non xurdira do gabinete
de Política Territorial senón da Secretaría Xeral.
Comprometeuse a trasladar a nosa solicitude e nunha segunda chamada
telefónica contestou que Luís Vázquez estaba reunido
e tan pronto lle puidera trasladar a nosa demanda ela mesma nos chamaría
para dar unha razón. A comisión celebrouse pola tarde
e os teléfonos non chegaron a soar.
Por outra parte o noso asesor da instutición do Valedor do Pobo,
esa mesma mañá, tamén intentou que fósemos
recibidos pero unha vez máis sin éxito.
Con todo isto os representantes da plataforma persoáronse igualmente
nas dependencias da consellería, sabedores de que varios dos
colectivos convidados e o alcalde de Lousame solicitarían que
nos deixasen pasar. Unha vez presentada esa solicitude negáronse
tanto os representantes da Xunta como os do concello de Noia. Concretamente
o sr. Lino opúxose de xeito belixerante pero sí se conseguiu
o compromiso de xestionar un recibimento na mañá do día
seguinte, a raíz das peticións dalgúns dos presentes.
Por si fose pouco o maltrato recibido no xoves, na mañá
do venres soou o teléfono. Ó outro lado estaba Nieves
e ante o comentario inicial de “caramba, canto tardou a chamada”
a súa resposta foi “eu teño que facer o que me mandan”.
A partir de ahí conseunsuouse unha reunión para esa mesma
tarde na que unha vez máis a máxima responsable de política
territorial nos deu esquinazo, feito que seguimos sen entender despois
de que sí se entrevistase coa mencionada plataforma pola defensa
da ría cando estaban na oposición.
Ver
hemeroteca 05-X-05
Todo isto non fai máis
que cargar de connotacións políticas a unha decisión
que debía ser tomada exclusivamente por técnicos en infraestructuras
e de medio ambiente.
Remitíndonos exclusivamente ó acontecido nesa reunión
do venres pola tarde, que nadie se faga a idea de que aquilo foi un
espazo de negociación, senón todo o contrario. Díxosenos
de forma taxativa que ou parábamos coas movilizacións
ou non formaríamos parte da chamada comisión de seguimento.
Non nos negaron o dereito lexítimo de manifestarnos pero nos
advertiron que de facelo seguirían sen escoitarnos. Fora de toda
interpretación destos feitos isto só pode calificarse
polo que foi: unha imposición cacique que só obedece a
un capricho político que padecemos os veciños. Unha e
outra vez nos dicían que se trataba dunha decisión política,
que o trazado era o que había e que non había ninguna
posibilidade de contemplar outras alternativas, nen sequera modificacións
da opción C. Que ou aceptábamos iso ou o lugar que nos
quedaría para protestar sería a rúa.
b) CONCLUSIÓNS DA REUNIÓN:
1. Non se tiveron en conta as alegacións. O arreglan todo dicindo
que se reporá por completo como estaba, pretendendo que nos creamos
nós algo que non se cren eles. Por poner un exemplo: na reunión
mantida co director do proxecto a raíz da primeira manifestación
na consellería no mes de xuño de 2007, fíxoselle
unha pregunta concreta sobre o viaduto nº 5 nunca mencionado pero
que sí existe. Trátase do viaduto que comunicaría
a estrada hacia San Roquiño coa estrada hacia o Trapeiro. Advertíuselles,
tal como se recolleu nas alegacións, que de facerse con recheo
a ambos lados do leito do río, provocaría un efecto embalse
no momento das crecidas coincidentes coa marea alta, tal como acontece
cada inverno incluso sin ese muro. A resposta foi que se trataba dun
erro á hora de plasmar no plano a súa intención,
pois estaba previsto que ese viaduto iría sobre piares que deixasen
continuar as augas, e non sobre recheo. A sorpresa do venres foi que
nos planos que nos amosaron do trazado definitivo seguíase contemplando
ese viaduto con recheo. Se lles lembrou a conversa de xuño, da
que responderon que se lembraban perfectamente. Non daban creto da aclaración
e o propio director do proxecto nos pedíu o plano para ver como
se debuxara iso. Unha vez visto o “erro repetido” volveu
a afirmar que se trataba diso, dun erro. Isto demostra o nivel de sensibilidade
para atender as alegacións, ou sexa cero. As diferencias entre
o estudo informativo e o trazado definitivo son simplemente anecdóticas.
2. A ocupación de chan na zona Este e Sur da vila é desproporcionada
e froito de intentar meter a calzador un trazado por medio dunha maraña
de estradas locais e da diputación, cando podería terse
evitado fácilmente con un trazado modificado da opción
C, tal como contempla a proposta combinada da plataforma. Ó mesmo
tempo ó discorrer nestos momentos por medio de núcleos
consolidados de poboación pronto se convertirá nunha auovía
urbana, cometendo o mesmo erro que por exemplo na circunvalación
da Galuresa en Santiago. A telaraña formada polas cinco estradas
propostas no val da Ponte San Francisco sumadas ás que xa hai
é algo que nadie pode entender cando as conexións a estas
últimas poderían facerse de forma directa coa opción
C modificada sen afección social algunha, nin tampouco urbanística.
3. Respecto a este último punto hai que destacar que, por mencionar
unha vez máis o val da Ponte de San Francisco derrúbanse
dúas vivendas (a parte de outra máis na Fialla), o viaduto
tres pasará rozando os tellados de outras dúas, o enlace
hacia Vilar de Tállara pasará rozando outra vivenda, e
a ocupación de terreos é brutal. Isto converte a este
lugar na auténtica zona cero desta catástrofe medioambiental,
social e urbanística.
4. En canto á funcionalidade nin o propio Secretario Xeral acompañado
do director do proxecto e o Delegado Provincial responderon ó
suposto de que fosen veciños de Outes, Muros ou Carnota e tivesen
que desplazarse a Porto do Son ou Riveira. Quedáronse sen palabras,
non sabían que ruta coller nin como utilizar o trazado que propoñen
para estes desprazamentos, simplemente porque o trazado interior é
inútil para este fin. Tampouco houbo resposta á petición
de explicacións de planificar a variante de Outes da mesma forma
que o que nós pedimos para Noia, ou sexa cunha ponte sobra a
ría. Farase un despilfarro económico inxustificable que
supón que a aposta polo despegue dos pobos de ambas marxes da
ría é inexistente. Non se quixo mirar o desenvolvemento
dos pobos costeiros das comarcas de Muros e Noia, e así Muros,
Esteiro, O Freixo, Outes, Son, Portosín, etc. terán que
seguir esperando por unha infraestructura que facilite os intercambios
de comunicación entre os habitantes, comerciantes e empresarios
destes pobos. Isto é un novo exemplo da doble moral desta consellería
na planificación das infrestruturas. Mentras xa se fala dunha
nova conexión entre Arousa Sur e Arousa Norte a través
do Ulla aquí mírase para outro lado. A vetebración
tamén é un punto fraco desta desvariante.
5. En canto ó mantemento sostible, este trazado quedará
como un exemplo do que non se debe facer nunca en tódolos libros
de medio-ambiente, tal e como afirmou o grupo de Los Verdes de Europa.
Por exemplo o corredor Brión-Noia dará cobertura de comunicación
a Carnota, Muros, Outes, Noia, o Son, Riveira e Lousame. Con todo iso
custará, en proporción, a metade que a variante noiesa.
Ademáis ó incrementarse o percorrido en máis do
100% sobre o da ponte sobre a ría, as emisións de gases
e gasto enerxético tamén aumentará na mesma proporción,
así como os gastos de mantemento periódicos de seis viadutos
(Fialla, río Traba hacia Portobravo, río Traba hacia Sabardes,
río Tállara en Argote-Sobreviñas, río Tállara
en Ponte San Francisco-Sobreviñas, río Argalo en Argalo-Balbargos)
e un túnel de 600 metros de lonxitude que provocará importantes
emisións de CO2 no val de Argalo e concretamente nunha vivenda
situada neste val a carón da saída. Por outra banda a
contaminación acústica sobre os núcleos sobrepasará
os límites recomendados, tal como consta no propio estudo informativo.
Unha consecuencia máis de intentar meter un trazado por un percorrido
semi-urbano.
6. A Reunión do venres produciuse pola nosa banda tan só
para poder trasladar ós veciños os detalles do vial, xa
que estos días xerarase unha gran demanda de información.
De saber que as moificacións prácticamente son inexistentes
(se reducen prácticamente ós enlaces de Sampaio e Portobravo)
non faría falla ir porque poderiamos remitir ós afectado
ó que xa se avanzaba no estudo informativo. Para colmo un deses
cambios consiste en achegar aínda máis o trazado ás
vivendas do núcleo de Balbargos.
c) SEGUINTE PASO DA PLATAFORMA:
O venres 18 de abril convocarase a quinta sesión informativa
para trasladar a tódolos veciños a información
da que dispón a plataforma sobre o trazado definitivo (expropiacións,
liñas de separación nos enlaces e no percorrido central,
niveis concretos de afección, etc.). A partir de ahí diñerase
o plan de movilizacións e accións a emprender que os propios
afectados encomenden ós representantes das distintas asociacións
afectadas. Queremos recalcar neste punto que ditos representantes están
ó servicio dos seus asociados e farán exclusivamente aquelas
accións encomendadas por éstes.